A principios deste mes inaugurouse unha exposición de esculturas feitas cos plásticos recollidos nas praias de Galicia, proxecto no que nós tamén participamos. Agradecemos a Mª José Arceo o convite a esta inauguración e recomendámosvos a todos que vaiades a vela porque vale moito a pena. Estará nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura ata o día 18 de agosto, non a perdades!