O pasado día 15 de xuño celebramos no Hotel Congreso a entrega de premios e diplomas do XVI Concurso de relatos curtos.

Amenizado polos amigos que compoñen o grupo Os Esfolladores de Illobre; presidindo a mesa Don Ángel Morón, Presidente de Aspamite; Don Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, e Don Ignacio Iglesias, Concelleiro de Teo, así como as persoas que formaron parte do xurado deste ano.

Visualizouse un vídeo sobre as actividades medioambientais e de disfrute no entorno que realizamos en Aspamite. Tamén tivo lugar a presentación dunha peza musical a cargo de usuarios dos Centros de Aspamite.

Presentado por Marisa Otero, foron entregándose todos os agasallos que tiñamos preparados para os gañadores e as gañadoras. Parabéns a todo e a todas!!Grazas aos asistentes pola vosa presenza.