Actualización: domingo, 25 octubre 2009

ASPAMITE

 

                                                                                                                                                                                                                               

                                                                                                                                                                                                                                           

 

 

 

Cuadro de texto: A Asociación de Pais de Minusválidos do concello de Teo, máis coñecida como Aspamite, é unha asociación sen ánimo de lucro que foi formada para mellorar as condicións de vida dos minusválidos deste Concello. 
Ten o seu domicilio social en As Galanas s/n – Calo – Teo, CP 15895 A Coruña e o seu  número da tarxeta de identificación fiscal é G/15513641.  
Os seus Estatutos  foron visados por primeira vez, segundo establecía o artigo 3.5 da Lei 191/1964 de decembro, das Asociacións e incorporados ó Rexistro Provincial de Asociacións, no Goberno Civil da provincia de A Coruña no protocolo nº 3-911/1ª con data 17 de marzo de 1995. 
Posteriormente, con motivo da aprobación da Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo fixéronse as modificacións e adaptacións dos Estatutos iniciais ós termos establecidos pola norma legal. Estas modificacións figuran inscritas na Consellería de Xustiza da Xunta de Galicia co nº 3911/1ª con data 15 de febreiro do 2005. 
Esta asociación está rexistrada na Consellería da Vicepresidencia e do Benestar Social da Xunta de Galicia co número S-863 e está recoñecida como entidade de carácter social dende o 25 de xaneiro de 2005. Está inscrita no censo de Asociacións e Entidades culturais e deportivas do Concello de Teo con data 2 de novembro de 2001. Tamén foi declarada Entidade de Utilidade Pública segundo a Orde Ministerial 3014/2008 do 30 de setembro. 
O seu ámbito de actuación abarca o termo territorial do Concello teense. Na actualidade, neste concello, non hai ningún outro servizo ou recurso para atender ás persoas con discapacidade e moitas das familias non dispoñen de tempo nin de medios económicos para atender as súas necesidades básicas, o que lles obriga  a un confinamento no seu medio familiar limitándoselles notablemente a posibilidade de aprender cousas novas así como de participar en actividades que posibiliten  as relacións cos demais.
 Hoxe en día está composta por 22 usuarios e 190 socios.